Comeza o estudo xeotécnico para a rehabilitación dos edificios centrais do Museo

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar un dos traballos previos á rehabilitación dos edificios centrais do Museo: o estudo xeotécnico do terreo baixo o Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López, así como dos espazos públicos existentes entre eles. A empresa Galaicontrol comezou na mañá deste luns o valado da zona de traballo, a retirada dos enlousados, así como as primeiras penetracións no subsolo.

Este novo paso supón un avance importante cara a interconexión dos edificios centrais do Museo a través da creación dun novo gran soto, a proposta que se considerou técnicamente máis axeitada para tirar o máximo rendemento aos inmobles. O grande soto permitirá a conexión e continuidade entre as construcións, cumprir a normativa de accesibilidade e proporcionará unha alta funcionalidade ao conxunto, sempre coa premisa da Dirección do Museo de manter intacta a icónica imaxe exterior.

O estudo xeotécnico garantirá a viabilidade do proxecto da rehabilitación dos edificios mediante sondaxes e ensaios para caracterizar e distinguir os diferentes niveis e tipoloxías de solo e rocha en profundidade, confirmando entre outras cuestións a súa estabilidade.

IR A LA NOTICIA COMPLETA

enriqueotero, 28 abril, 2020

Leave a Reply

Your email address will not be published Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

No Comment Yet

Got something to say? Feel free, we'd love to hear your thoughts.

Leave a Comment