O sistema, froito do proxecto PRET-A-BICO, salta do laboratorio ao edificio Nexus de Sabón. Permite incorporar as preinstalacións (electricidade, fontanaría, comunicacións) dentro do propio tabique prefabricado.
Adeus ao ladrillo: tabique coruñés de formigón lixeiro que o contén todo.
Construcciones López Cao, Naos Arquitectura e Galaicontrol presentan, xunto á UDC, unha tabicaria prefabricada que contén preinstalacións e acurta os prazos.
