Urbanizacións
Humanizacións, carrís bici, sendas peonís e smart city.
Adaptamos os aliñamentos para cumprir os cánones de accesibilidade, incorporando carrís bici e sendas peonís que favorecen unha mobilidade máis segura, sostible e inclusiva. Desenvolvemos deseños innovadores con tecnoloxía Smart City, orientados a unha maior eficiencia dos servizos urbanos: iluminación de baixo consumo, xestión integrada da rega e renovación das redes de saneamento e abastecemento con materiais de última xeración.
