Inspección e reparación
Redes de saneamento — cámara de inspección e reparación interior.
Cámara de inspección en tubaxes de ata 1600 mm. Unidade de vídeo interior concibida para tubaxes de ata 1600 mm, composta por un sistema de tracción con cámara de cabezal xiratorio. O equipo complétase cun furgón de apoio técnico desde o que se visualizan e analizan os datos (lonxitudes, pendentes, perfís das condución) para a súa posterior visualización en PC ou televisión.
Cámara de inspección 40 – 200 mm. Para tubaxes de pequeno diámetro. Conta con saída de vídeo para capturar o sinal desde calquera gravador externo e almacenar as inspeccións directamente en formato MPEG.
Reparación interior con packer. A reparación interior consiste en recubrir a cara interior da tubaxe cunha manta de fibra de vidro sobre a cal se aplica unha resina de dous compoñentes, o que proporciona unha resistencia óptima para conseguir un selado perfecto.
Fresado de tubaxes. Elimínanse restos de raíces de árbores, obstrucións calcarias, graxas, acometidas sobresaíntes e todo tipo de sedimentos ao tempo que se dá unha solución á rotura causada sen necesidade de obra civil.
Solicitar orzamento